Sabías que a metade da bolsa de lixo dun fogar son restos orgánicos?
Coa compostaxe non só podemos converter estes restos orgánicos nun excelente fertilizante, senón que contribuímos á economía circular da propia natureza. O seu beneficio ambiental e económico é indiscutible.
O Concello de Tomiño aposta de xeito decidido por este modelo de tratamento dos residuos orgánicos. No ano 2016 adheriuse ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, co que se sumou a ese pulo dun modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais.