Para poder empregar as biotrituradoras só deberás ser maior de idade, residente en Tomiño e estar dado de alta no servizo. O préstamo será por un máximo dunha semana e as retiradas e devolucións realizaranse os mércores.
Poderás facer a túa solicitude:
Con certificado electrónico
-Ir a Sede electrónica
Ou presencialmente no concello cubrindo os seguintes documentos
-Alta no sistema de préstamo de biotrituradoras (descarga premendo aquí)
-Solicitude de Biotrituradora (descarga premendo aquí)
Para escoller a máquina que mellor se axusta á súa necesidade pode consultar os videos seguintes e/ou as fichas técnicas de cada unha delas.