En Tomiño hai instalados 14 centros de compostaxe comunitaria, que dan servizo ás vivendas que se atopan nos núcleos urbanos das parroquias de Tomiño e Goián e que non dispoñen dun espazo exterior no que poder instalar un composteiro individual. Ademais, tamén conta cun centro de compostaxe comunitaria no CEP Pedro Caselles e outro que dá servizo ao Mercado Municipal de Tomiño.
Cada Centro de Compostaxe ten asociado un número de vivendas determinadas, polo que os mestres e mestras composteiras estiveron visitando cada edificio dos nucleos urbanos de Goian e de Seixo, informando sobre como usar o composteiro e entregando un caldeiro para facilitar a separación na vivenda.
Se aínda non tes o teu caldeiro ou tes dúbidas sobre cal é o teu centro de compostaxe consulta no concello no departamento de medioambiente.